(+34) 630 48 56 78 fundacion@vac-an.com

OBXECTO DA

FUNDACIÓN VAC-AN

FINS:

  • A conservación e difusión do legado do artista José Vázquez Cereijo, así coma da súa obra e da súa colección privada, tanto nos aspectos artísticos como intelectuais ou biográficos, no contexto situacional da arte e da cultura galega do século XX e XXI.
  • A promoción de actividades de estudo e investigación en todos os campos da cultura, especialmente no da pintura, o gravado e a poesía.

O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola Fundación ou mediante colaboración con otras entidades, organismos, institución ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundamentais.

ACTIVIDADES FUNDACIONAIS:

A catalogación, e o desenvolvemento e conservación dun arquivo documental, e artístico, e de toda a información relacionada coa figura de José Vázquez Cereijo.

A divulgación da obra propia de José Vázquez Cereijo, así como tamén da obras da súa colección privada e do seu arquivo documental e artístico.

A dirección e control das actividades nas que se implique obra/arquivo de José Vázquez Cereijo. En cumprimento dos seus fins, a Fundación Vázquez Cereijo-Anne Nikitik, poderá asimesmo participar e colaborar, mediante fondos e recursos propios ou alleos, e/ou coa súa axuda e asesoramento, en exposicións e otras actividades museísticas, didácticas, en publicación, produccións teatrais, cinematográficas, musicais e en calquera outra forma de expresión e difusión presente ou futura.

A formación de artistas e promoción de estudos de investigación nos campos de actividades anteriores, e no propio ámbito social e territorial de aplicación.

Promover, en concreto, os estudos sobre a figura e a obra de José Vázquez Cereijo, procurando canles axeitadas de difusión dos traballos de investigación realizados ao efecto.

A realización de actividades socio-culturais e artísticas, de fomento dos valores universais da igualdade, da educación e da cultura social.

Achegar a Galicia experiencias foráneas de interese, dentro dos campos artísticos e literarios que José Vázquez Cereijo traballou, en especial a plástica, a poesía, e o gravado.

Dar a debida acollida e difusión a legados de persoas ou institucións vinculadas á cultura galega.

Para a consecución dos seus fins, a Fundación Vázquez Cereijo-Anne Nikitik realizará cantas actividades e prestará cantos servizos considere necesarios, ben por si propia, ben en colaboración con otras entidades, institucións ou persoas que contribúan a acadar os seus fins; promovendo ao efecto, tal e como é vontade da Fundadora, a creación dunha sede ou centro locativo de permanente actividade, cun arquivo de documentación aberto para a investigación e o estudo, e un lugar de visualización da vida e da obra de José Vázquez Cereijo.

Localización

Rúa Río Navia 36 - Lugo, Lugo

Teléfono

(+34) 630 48 56 78